Pontón pide a Feijóo que demostre que no forma parte de ningunha "manada"

Pontón pide a Feijóo que demostre que no forma parte de ningunha "manada"
Foto de arquivo
Pontón pide a Feijóo que demostre que no forma parte de ningunha "manada"

A voceira nacional do BNG protagonizou unha tensa intervención centrada na loita contra a violencia machista.

A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, protagonizou hoxe unha tensa intervención durante a sesión de control ao presidente da Xunta en sede parlamentaria. Pontón centrou o seu discurso no drama da violencia de xénero, afirmando que "hai manadas na policía, na xustiza e nas institucións" que tamén exercen violencia contra as mulleres, polo que lle pediu a Feijóo que demostre que "non forma parte de ningunha delas" e cumpra a lei contra a violencia de xénero. Neste sentido, acusou ao Goberno galego de ter participado na violencia contra as mulleres cando "boicoteou a folga do 8M, cando recortou as axudas para as mulleres en situación de violencia e cando votou en contra de destinar un de cada cen euros a loitar contra as violencias machistas".

Asemade, a voceira nacionalista denunciou que son 45 as mulleres asasinadas en Galicia pola violencia machista na última década, que 55.000 mulleres denunciaron no último ano e que cada semana se denuncian tres violacións. Por todo iso, afirmou que estamos ante un feminicidio e preguntou a Feijóo cal sería a actitude da Xunta se, en vez de morrer asasinadas 45 galegas na última década, tivesen sido asasinados 45 deputados ou 45 futbolistas. 

Na súa intervención, Pontón propuxo tamén catro propostas para avanzar na loita contra a violencia machista: destinar 100 millóns de euros para esta cuestión, cumprir a lei comezando por garantir a asistencia psicolócia ás vítimas, poñer en andamento unha unidade específica contra este tipo de crimes adscrita á Dirección Xeral de Xustiza e aumentar un 30% as prestacións que reciben as mulleres en situación de violencia.

Comentarios
Lo más