Santiago reúne a expertos para abordar a situación das persoas sen fogar

Santiago reúne a expertos para abordar a situación das persoas sen fogar

A cita terá lugar o xoves 29 de novembro as 10:00 horas no Salón de Actos da Facultuade de Filosofía

Esta mañá presentouse en rolda de prensa a xornada Abordaxe do Senfogarismo en Compostela: Estado da situación e plans de acción que se celebrará o vindeiro 29 de novembro as 10:00 horas no Salón de Actos da Facultade de Filosofía de Santiago. 

Esta xornada, organizada conxuntamente pola Concellaría de Políticas Sociais, Dviersidades e Saúde do Concello de Santiago de Compostela e a Mesa de Traballo para o estudo das Situacións das persoas sen teito-transeúntes e dos recursos en Santaigo de Compostela, foi presentada pola concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, e pola psiquiatra Lucía del Río.

Concha Fernández, explicou que "esta terceira xornada ten como obxectivo continuar coa filosofía das súas edicións anteriores, amosando experiencias galegas e estatais sobre recursos específicos destinados ás persoas sen fogar". A concelleira engadiu que con esta cita o Concello quere "consolidar na cidade un espazo para o intercambio de experiencias sobre esta problemática".

O programa da xornada contempla a participación de profesionais de referencia no estudo e asistencia do senfogarismo a nivel estatal e autonómico. O público destinatario da xornada serán colexios profesionais, estudantado, profesionais de persoal voluntario de institucións e iniciativas relacionadas coa atención a persoas sen fogar, e calquera persoa interesada nesta cuestión. A asistencia é de balde previa inscrición a través de http://santiagodecompostela.gal/senfogarimso2018/formulario.php ata o 28 de novembro.

Comentarios