Os socialistas de Vedra presentan dúas emendas aos orzamentos da Xunta do 2019

Os socialistas de Vedra presentan dúas emendas aos orzamentos da Xunta do 2019
Foto de arquivo
Os socialistas de Vedra presentan dúas emendas aos orzamentos da Xunta do 2019

As emendas son para demandar melloras no saneamento, abastecemento e no centro de saúde

A través do grupo parlamentario do PSdeG, os socialistas de Vedra presentaron dúsa emendas aos orzamentos da Xunta de Galicia do 2019.

Con estas emendas, os socialistas tratan de mellorar dou puntos clave: o abastecemento e saneamento e a amplicación e mellora do centro de saúde de Vedra.

Por unha parte, os socialistas de Vedra pídenlle á Xunta un millón de euros para acometer obras debido á gran problemática sobre este tema, cun dos poucos colexios de Galicia que aínda ten fosa séptica e coa maioría da veciñanza sen ditos servicios.

Por outra parte, os socialistas tamén piden cen mil euros para a ampliación e mellora do centro de saúde. Consellería de Sanidade comprometeuse verbalmente á mellora das instalacións, compromiso que os socialsitas pediron que se fixera por escrito. Nos orzamentos da Xunta 2019 non aparece ningunha partida específica para levar a cabo ditas melloras.

Comentarios
Lo más