Gonzalo Hermo recibe hoxe o XVI Premio de Poesía Afundación por "A vida salvaxe"

Gonzalo Hermo recibe hoxe o XVI Premio de Poesía Afundación por "A vida salvaxe"
Gonzalo Hermo recibe hoxe o XVI Premio de Poesía Afundación por "A vida salvaxe"

Afundación organiza este certame xunto ao Centro PEN de Galicia e a Xunta de Galicia

Afundación celebra hoxe xoves 22 de novembro o acto de entrega do XVI Premio de Poesía Afundación que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia e co patrocinio da Xunta de Galicia. Nesta ocasión o galardón é para Gonzalo Hermo pola súa obra A vida salvaxe.

A celebración será na Sede Afundación de Santiago de Compostela (rúa do Vilar, 19) ás 19:30 horas e ao acto asistirán o galardoado, Gonzalo Hermo; Xabier Castro Martínez, escritor e secretario do xurado; Luis González Tosar, presidente do Centro Pen Galicia e presidente do xurado; Román Rodríguez, conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia; Miguel Ángel Escotet, presidente de Afundación.

Comentarios