A Comisión de Especializada do Clínico reuniuse co PP e o BNG no Parlamento de Galicia

A Comisión de Especializada do Clínico reuniuse co PP e o BNG no Parlamento de Galicia
Foto de arquivo
A Comisión de Especializada do Clínico reuniuse co PP e o BNG no Parlamento de Galicia

Reinvindican un acordo satisfactorio pedindo a mediación destes partidos

O Comité de folga da Comisión de Especializada do Hospital reuniuse onte no Parlamento de Galicia co grupo parlamentario do BNG e antonte co grupo parlamentario popular. O obxectivo destas reunións era transmitirlles a problemática acontecida coa folga convocada no servizo de urxencias do Hospital Clínico de Santiago e reivindicar un acordo satisfactorio pedindo a súa medicación para acadalo.

A reivindicación de persoal responde á necesidade coa última remodelación e ampliación do serizo de urxencias: cinco médicos; catro enfermeiras por quenda; dous auxiliaries de enfermaría para a quenda de mañá, un de tarde e catro de noite; e un celador por quenda. Baixo o seu xuizo, isto sería o persoal necesario para que o servizo funcionase tal e como está distribuído a data de hoxe.

Comentarios