Masterclass de baile galego: "Bailar a canda os tempos"
06:30 23/11/18
06:30 23/11/18
Terá lugar mañá sábado 24 de novembro na Gentalha do Pichel
Mañá sábado 24, a ONG Implicadas no Desenvolvemento organiza unha Masterclass de baile galego. Nela ensinarase a bailar sen reproducir roles de xénero. Impartida por Chus Carmés e Carmen Campo, terá lugar de 18:00 horas a 20:00 horas na Gentalha do Pichel.
Todo o recudado con esta Masterclass será destinado aos proxectos da ONG de erradicación do infanticidio feminino en Salem e empoderamento das mulleres en Tiruchy (India).
As inscricións deberán ser formuladas no seguinte enlace:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSe_i3wFHbhmD2Nf2AcyrGwCbEytQNCo45x4wqX1ZrjjyG6iCQ/viewform