O Concello de Noia investirá máis de 70.000 euros en parques infantís

O Concello de Noia investirá máis de 70.000 euros en parques infantís
Parque Pontenafonso
O Concello de Noia investirá máis de 70.000 euros en parques infantís

Trátase da construción dun novo parque infantil en Boa e a mellora dos do paseo marítimo e da Alameda

Despois da boa acollida do novo parque infantil de Pontenafonso, O Concello de Noia investirá preto de 40.000 euros na construcción dun novo parque infantil na zona de estacionamento da praia de Boa. "Escollemos este lugar poque é unha das zonas que concnetra máis poboación e tamén porque, de cara ao verán, permitirá que as persoas que se acheguen á praia teñan tamén unha zona recreativa para os nenos e nenas" afirmou Mariola López Cierto, concelleira de Parques e Xardíns.

A estes traballos, que serán executados nas próximas semanas, haberá que engadir as obras de mantemento e mellora que se van acometer en dous dos parques infantís máis grandes do casco urbano: o do paseo marítimo e o Alameda. Para estas obras de mellora invertiránse máis de 31.000 euros.

Lópea Cierto reitera o seu chamamento ao respecto do mobiliario público: "Se manter en bo estado o noso mobiliario urbano é algo importante, no caso deste tipo de estruturas, que están deseñadas para o xogo dos nosos nenos e nenas, se volve nunha prioridade".

Comentarios
Lo más