O proxecto Nanoeaters presentará no CiTIUS o sensor Eyepress para a medida da presión intraocular

O proxecto Nanoeaters presentará no CiTIUS o sensor Eyepress para a medida da presión intraocular

Na presentación, ademais do persoal investigador intervirán representantes da Axencia Galega de Innovación (GAIN)

No transcurso dunha xornada no Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información (CiTIUS), o hoxe venres 23 celebrarase unha xornada do proxecto Nanoeaters na que se presentará Eyepress, un sensor autónomo e implantable para a medida da presión intraocular que está sendo desenvolvido por investigadores do CiTIUS e do Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnoloxía (INL). Na presentación, ademais do persoal investigador intervirán representantes da Axencia Galega de Innovación (GAIN).

O proxecto Nanoeaters, financiado a través da convocatoria europea Interreg España-Portugal POCTEP, busca desenvolver un dispositivo implantable autónomo que permita unha monitorización constante da presión intraocular para mellora a prevención, o control e o tratamento da enfermidade do glaucoma. 

A investigación inclúe o deseño e a proba e varios chips de captación de enerxía luminosa en tecnoloxías CMOS estándar, así como sensores e presión en sistemas microelectromecánicos (tecnoloxía MEMS).

O programa do encontro do vindeiro venres principiará coa benvida oficial que ofrecerán ás 10.00 horas o director do CiTIUS, Paulo Félix Lamas, e a directora da área de Centros da GAIN, María José Mariño. Deseguido, Margarita Ardao, xestora de proxectos de GAIN, referirase á transferencia e valorización de nanotecnoloxías a PEMEs innovadoras (early adopters) da Eurorrexión Galicia-Portugal. 

Completando a xornada Victor Manuel Brea, do CiTIUS, e Paulo Freitas, do INL, presentarán un caso de uso do sistema de presión intraocular e sensores de presión a sistemas de recolección de enerxía ambiental, así como demostradores de recolección de enerxía e sistemas de medidas de presión.

Comentarios
Lo más