Martiño Noriega celebrou os 40 anos de CCOO en Galicia

Martiño Noriega celebrou os 40 anos de CCOO en Galicia
Martiño Noriega celebrou os 40 anos de CCOO en Galicia

O alcalde salientou "o papel que tivo CCOO na construción do país e da democracia, na defensa dos dereitos laborais pero tamén dos dereitos civís"

O edificio Cersia acolleu onte a celebración do 40 aniversario do I Congreso do Sindicato Nacional de CCOO en Galicia. No acto participou o alcalde, Martiño Noriega.

No acto de conmemoración do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia participaron o seu secretario xeral, Ramón Sarmiento; o secretario xeral confederal, Unai Sordo, e o seu antecesor, Ignacio Fernández Toxo.

Na súa intervención, o alcalde salientou "o papel que tivo CCOO na construción do país e da democracia, na defensa dos dereitos laborais pero tamén dos dereitos civís".

Martiño Noriega tamén reivindicou "a necesidade de facer memoria para entender o presente e gañar o futuro, e máis nun momento coma o actual no que avanza a extrema dereita, no que a mocidade ben preparada ten que emigrar, e no que ter un traballo non garante unha vida digna". 

Comentarios
Lo más