Os populares pregunta ao Concello sobre o decreto para abrir un camiño no lugar de Casal da Horta

Os populares pregunta ao Concello sobre o decreto para abrir un camiño no lugar de Casal da Horta
Os populares pregunta ao Concello sobre o decreto para abrir un camiño no lugar de Casal da Horta

O citado decreto resolvía sobre a consideración da citada vía como de natureza pública e ordenaba a retirada da cancela actual

O grupo municipal popular acaba de preguntar por escrito ao Goberno de Compostela Aberta sobre o motivo polo que o Concello non ten actuado para facer cumprir a resolución do decreto, que se estipulou o pasado día 6 de marzo, para que se levase a cabo a apertura ao público dun camiño no lugar de Casal da Horta, no barrio do Romaño.

Así mesmo, o grupo que dirixe Agustín Hernández considera "necesario" que o Executivo de Martiño Noriega informe sobre qué o que pensan facer para que se cumpran as súas propias determinacións en relación con este asunto, xa que parece que o Goberno Local ten problemas para executar ata o que el mesmo indica".

Cabe lembrar que un decreto da Alcaldía da data antes mencionada, remarcaba a obriga de repoñer para uso público un camiño no lugar de Casal da Horta, situado concretamente na parroquia de Pontepedriña de Arriba no Romaño. Esta decisión viña a reflectir as peticións dos veciños da zona, que desde hai tempo manteñen un litixio sobre o peche do acceso por parte dun propietario.

O citado decreto resolvía sobre a consideración da citada vía como de natureza pública e ordenaba a retirada da cancela, do peche e o valo que impiden o paso á veciñanza e así deixar este vial aberto ao uso público, outorgando o prazo de un mes para cumprir co ditaminado.

Por todo isto e en atención ás demandas formuladas pola veciñanza da zona en relación con esta cuestión, o grupo municipal popular requírelle información ao Goberno de Martiño Noriega de por qué non ten cumprido un decreto que eles mesmos aprobaron.

Comentarios
Lo más