Preséntase na Pobra do Caramiñal a axenda para conmemorar o 25 de novembro

Preséntase na Pobra do Caramiñal a axenda para conmemorar o 25 de novembro
Preséntase na Pobra do Caramiñal a axenda para conmemorar o 25 de novembro

Os actos terán lugar o vindeiro sábado 24 a partir das 19:00 horas no Teatro-Cine Elma.

O Concello da Pobra do Caramiñal presentou a súa programación para conmemorar o 25 de Novembro no marco da campaña En negro contra as violencias.

Os actos, que terán lugar o vindeiro sábado 24 a partir das 19:00 horas no Teatro-Cine Elma, consisten en proxeccións audiovisuais, un debate dirixido pola xornalista Sara Torreiro, a actuación do grupo musical Agoraphobia e a entrega de premios da I edición do Concurso de Relatos Curtos Historias de Mulleres.

Os relatos premiados na categoría adulta son Polo río abaixo de Alba Sánchez Ares, veciña de Santiago, e N-550 de Francisco Gómez Regenjo, veciño de Asados (Rianxo). Na categoría xuvenil, foron premiados A xustiza pola súa man de Amara Argibay González, veciña de Ribeira, e O arco da vella de Natalia Noal Segade, veciña da Pobra. 

Comentarios