Xosé Sánchez Bugallo inmerso na elaboración do proxecto para Compostela

Xosé Sánchez Bugallo inmerso na elaboración do proxecto para Compostela
Xosé Sánchez Bugallo inmerso na elaboración do proxecto para Compostela

Para o proxecto, Sánchez Bugallo comeza unha rolda de xuntanzas coas forzas vivas da cidade

Xosé Sánchez Bugallo, candidato socialista á alcaldía de Santiago, está inmerso na elaboración dun proxecto solvente e un programa de futuro para Santiago.  Polo que hai uns días que comezou unha rolda de contactos coas forzas vivias da cidade. 

Acompañado por Mila Castro e Gonzalo Muíños, representantes municipais, Sánchez Bugallo xa se reuniu con entidades para intercambiar impresións sobre a situación actual do municipio e o que precisa. A Asociación Ruta Xacobea de Lavacolla, A Xunlla de Laraño, a AVV de Fontiñas, a AVV Sandra Prego de Pontepedriña, Down Compsotela ou a Asociación de Hostelería son entindades que xa trasladaron a Bugallo as súas inquedanzas, queixas e propostas.

Ao longo das vindeiras semanas, o candidato socialista seguirá levando a cabo estes encontros, fundamentais para desenvolver un proxecto factible, acorde ás necesidades da cidadanía e con perspectiva de futuro.

Comentarios