Agustín Hernández avanza a súa liña de traballo cara ás eleccións de 2019 nunha publicación que chegará a todos os cidadáns

A publicación tamén contén unha entrevista ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo

O presidente do Partido Popular en Santiago e candidato á alcaldía visitou onte distintas zonas da cidade para  compartir impresións cos veciños e facer entrega dun xornal, Santiago Capital, onde se pode consultar un esbozo do que serán as liñas dos principais proxectos que pretende para a cidade.

Esta publicación pretende achegar as xentes de Santiago o traballo que se está a facer dende o Partido Popular, sen esquecer o camiño percorrido ata chegar ao día de hoxe. Agustín Hernández asegura que é imprescindible “dotar a Santiago do Goberno que merece, polo que se está a traballar nun proxecto elaborado desde unha visión e un pensamento político liberal de centro do século XXI”.

A publicación tamén contén unha entrevista de Hernández ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, onde ambos dialogan do futuro no que está a traballar o Executivo autonómico para a cidade; e outra ao máximo impulsor do fenómeno Xacobeo, Víctor Vázquez Portomeñe.

Para Hernández, “Santiago debe volver a ser unha cidade segura, tranquila e, estable, na que iniciativas e inversión atopen un lugar propicio para o seu desenvolvemento”. 

Comentarios