En Marea Touro emenda os orzamentos e pide a rehabilitación do camiño histórico francés Arzúa-Quión-Amenal

O trazado histórico transcorre maioritariamente polo concello de Touro

A través do grupo parlamentario de En Marea, a agrupación local presentou unha proposta de enmena aos orzamentos autonómicos na que piden recuperar a función do ramal histórico Arzúa-Quión-Amenal como camiño de peregrinación a Santiago de Compostela, restaurando os tramos degradados do mesmo.

Para recuperar a función do camiño, En Marea Touro reclama nesta emenda a adxudicación de recursos a fin de elaborar un proxecto de recuperación e proceder á súa sinalización e acondicionamento elemental namentres non se execute un proxecto de recuperación integral.

A recuperación do ramal histórico suporá un balónd de osíxeno para o saturado trazado principal, unha oportunidade socioeconómica única para o concello de Touro e a posta en valor dun ben patrimonial recollido xa no ano 1834 por Domingo Fontán na Carta Xeométrica de Galiza.

Comentarios
Lo más