O acendido oficial do alumeado de Nadal coincidirá hoxe coa celebración da Noite Aberta en Ribeira

O acendido oficial do alumeado de Nadal coincidirá hoxe coa celebración da Noite Aberta en Ribeira
O acendido oficial do alumeado de Nadal coincidirá hoxe coa celebración da Noite Aberta en Ribeira

Na iniciativa que promove a Asociación de Empresarios participan 33 comercios

O Concello acenderá hoxe o alumeado navideño no centro urbano de Ribeira coma unha medida para apoiar o comercio local co motivo da celebración da Noita Aerta que promove a Asociación de Empresarios.

Para dinamizar a xornada haberá un pasarrúas protagonizado por Os Bolechas e tres DJs que actuarán ata a media noite en tres puntos comercialmente estratéxicos: a rúa Galicia no tramo entre Rosalía de Castro e o mercado, a rúa Galicia no entorno do museo municipal e a praza do Concello.

Ás 19:30 horas terá lugar o acendido do alumeado de Nadal dun tramo da rúa Rosalía de Castro además da árbore que preside a praza.

Na 12ª edición da Noite Aberta participan 33 comercios de calzado, complementos, roupa de adultos, roupa de nenos, xuvenil e infantil, perruquería e outros artigos e servizos, con descontos de ata o 50%. As tendas estarán abertas ata as dez da noite.

Comentarios
Lo más