A Banda de Ordes honra hoxe á súa patroa

A Banda de Ordes honra hoxe á súa patroa
A Banda de Ordes honra hoxe á súa patroa

Os socios e socias da Asociación Amigos da Música de Ordes participarán no gran xantar organizado pola festividade de Santa Icía

Hoxe a Banda de Música de Ordes celebra a festa da súa patroa, Santa Icía. A celebración conta cun programa de actuacións e actividades que terán lugar na carpa que se colocará no Campo da Feira, a cal contará con calefacción.

O primeiro concerto da Banda será as 13:00 horas e servirá de posta de largo para as novas incorporacións da formación. A partir das 14:30  horas, ofreceráse un gran xantar, no que cada ano se congregan centros de socios e socias.

Sobre as 18:00 horas chegarán as actuacións musicais da Banda Infantil, da Banda de Ordes e dos grupos Faíscas da Pontraga e Garibaldi.

Tamén haberá xogos e sorteos. Nesta celebración colabora o Concello de Ordes.

Comentarios