Onte faleceu Xosé Manuel Rodríguez-Abella, pedagogo municipal de Santiago

Onte faleceu Xosé Manuel Rodríguez-Abella, pedagogo municipal de Santiago

Será incinerado hoxe en Boisaca

Xosé Manuel Rodríguez-Abella faleceu onte en Compostela tras unha longa enfermidade que o tiña afastado da xestión pública dende máis de un ano.

Licenciado en Filosofía y Ciencias da Educación, Rodríguez-Abella era o pedagogo municipal, xefe do departamento de Educación do Concello. Estaba vinculado ao Concello de Santiago dende máis de 30 anos, donde puxo en marcha o departamento na época na que era alcalde Xerardo Estévez. 

Son innumberables as iniciativas en materia educativa postas en marcha por él nos seus  anos na Administración compostelana. Destacan as guías didácticas que chegaron a tantas aulas da cidade, os programas EducaCompsotela, o certame Compostela de Álbumes Ilustrados e a promoción da formación musical a través da Escola Municipal de Música.

Tamén tivo estivo unha estreita relación coa rede de centros socioculturais, e moi vinculado ó uso do galego e á renovación pedagóxica a través da Nova Escola Galega.

Será incinerado hoxe, despois dun oficio as 19:15 horas, en Boisaca.

Comentarios