Performance reivindicativa contra as violencias machistas na praza da Quintana

Performance reivindicativa contra as violencias machistas na praza da Quintana
Performance reivindicativa contra as violencias machistas na praza da Quintana

Un grupo de mulleres desenvolveron un acto en lembranza das 61 mulleres galegas asasinadas dende 2003

Hoxe tivo lugar na praza da Quintana unha performance de 61 mulleres que tiña como obxectivo lembrar ás mulleres galegas asasinada spor causa das violencias machistas.

Este grupo de mulleres denunciaron dun xeito impactante e cargado de simbolismo a desigualdade sistemática desta realidade e as continuas violencias machistas das que son vítimas.

As mulleres, vestidas de negro e con caretas brancas, acompañadas por unha interpretación ao violín e danza, souberon transmitir que 61 non é tan só un número, pois na friaxe desta cifra atoparon a afouteza para rememoralas e inxectar significado ás súas existencias e ao seu desenlace dramático. As mensaxes nos cartaces eran o fío condutor da escena coas chaves da performance, que rematou coa lectura dun manifesto rotundo.

A organización destaca que non é tarefa doada acadar un xusto trato e en convivencia entre persoas, mais até conseguilo, puxeron o acento na mensaxe de que cómpre contar con todas e todos na loita por unha igualdade de trato e de dereitos.


Comentarios
Lo más