A meteoroloxía adversa que está a sufrir Galicia deixa preto de 60 incidencias

A meteoroloxía adversa que está a sufrir Galicia deixa preto de 60 incidencias
A meteoroloxía adversa que está a sufrir Galicia deixa preto de 60 incidencias

A provincia máis afectada foi A Coruña

Entre as 11:00 horas e as 18:00 horas de hoxe rexistráronse preto de 60 incidencias relacionadas coa metoroloxía adversa que está afectando a Galicia.

Por provincias, A Coruña está sendo a máis castigada pola meteoroloxía con 41 incidencias xestionadas; Pontevedra, con 11 incidencias; Lugo rexistrou 5 incidencias; e Ourense con 3 incidencias ocorridas.

Alagamentos en estradas (10), restos de accidentes e obxectos varios nas vías de circulación (9) e prevención de riscos (5) foron as incidencias máis repetidas neste espazo de tempo.


Comentarios