Exposición das obras candidatas aos premios do V Certame de Fotografía Comercial-Empresarial

Exposición das obras candidatas aos premios do V Certame de Fotografía Comercial-Empresarial
Exposición das obras candidatas aos premios do V Certame de Fotografía Comercial-Empresarial

A exposición será na Casa de Cultura de Milladoiro e permanecerá aberta ata o 28 de decembro

A Casa de Cultura de Milladoiro acolle a exposición das obras candidatas aos premios do V Certame de Fotografía Comercial-Empresarial, e estarán ata o 28 de decembro. A gala de entrega de premios celebrarase o 21 de decembro, na que se darán a coñecer os nomes das persoas gañadoras. A temática do concurso xira en torno ao propio parque e a visión da empresa actual.

A asociación de empresarios do parque empresarial Novo Milladoiro creou o Certame de Fotografía Comercial-Empresarial co obxectivo de compartir imaxes de calidade e crear unha estética das construcións eminentemente funcionais situadas no parque empresarial do Milladoiro. Este ano celébrase a súa quinta edición. Así, tralo remate do prazo de presentación das obras, este martes abriuse a exposición das obras que participan no concurso na Casa da Cultura do Milladoiro, que estará aberta ata o 28 de decembro.

A gala de entrega de premios, que se celebrará o venres, 21 de decembro, ás 20:30 horas, no salón de actos da Casa de Cultura do Milladoiro. 

Comentarios
Lo más