Os empresarios do Polígono do Tambre non están de acordo co proxecto de mellora do Camiño Inglés

Os empresarios do Polígono do Tambre non están de acordo co proxecto de mellora do Camiño Inglés
Foto de arquivo
Os empresarios do Polígono do Tambre non están de acordo co proxecto de mellora do Camiño Inglés

Segundo indican, entorpece o seu traballo e as lastras non aguantarán os pesos dos camións

Os empresarios do Polígono do Tambre que teñen os negocio ao largo da vía Galileo non están de acordo co proxecto de mellora do Camiño Inglés. Consideran que non é o adecuado para un espzao no que se moven a diario centos de camións. As discrepancias tamén afectan aos materiais empregados xa que consideran que as lastras non aguantarán o peso dos camións.

Por iso os empresarios piden que os técnicos vaian ao lugar e vexan a actividade industrial. Informan do problema que haberá coas cargas e descargas, xa que os camións ocuparán o sendeiro. Segundo explican, "hai vehículos articulados de 25 metros de largo que, cando carguen ou descarguen material, terán a cabeza no sendeiro, porque non hai espazo suficiente dentro das naves".

Comentarios
Lo más