A Banda de Ordes celebrou Santa Icía

A Banda de Ordes celebrou Santa Icía
A Banda de Ordes celebrou Santa Icía

O acto tivo lugar onte nunha gran carpa instalada no Campo da Feira

A Banda de Música de Ordes honrou onte sábado á súa patroa, Santa Icía, en colaboración co Cocello. Máis de 200 persoas entre integrantes da formación musical, membros da Asociación Amigos da Música de Ordes, e numerosos familiares e amigos encheron unha gran carpa instalada no Campo da Feira de Ordes. Non faltou tampouco o concelleiro de Cultura, José Manuel Mira.

Nesta xornada lúdica e festiva na que, ademais de concertos e da posta de largo dos novos compoñentes da banda, tamén houbo un gran xantar popular, xogos e sorteos. A parte máis animada chegou coa sobremesa, momento no que ocuparon o escenario a Banda Infantil e os grupos Faíscas da Pontraga e Garibaldi.

Comentarios