Incautados polos Gardacostas de Galicia preto de 5.000 quilos de marisco e peixe

Incautados polos Gardacostas de Galicia preto de 5.000 quilos de marisco e peixe
Incautados polos Gardacostas de Galicia preto de 5.000 quilos de marisco e peixe

Tamén se incautaron máis de 400 utensilios e un vehículo

Gardacostas de Galicia requisaron preto de 5.000 quilos de marisco e peixe, 407 útiles e un vehículo en distintos controis realizados entre o 12 de novembro e a madrugada deste venres 23 de novembro polo litoral galego. 

A ría de Arousa foi a que rexistrou máis comisos, e na ría de Pontevedra, os inspectores da Xunta tamén realizaron distintos controis contra a actividade ilegal. Pero un dos controis máis relevantes foi no porto de Marín e saldouse co comiso de 122 quilos de centola e coa incautación de cinco salabardos. Todo isto foi requisado por carecer de identificación. A maiores, os gardacostas actuaron tamén na ría de Aldán.

A ría de Vigo tamén foi escenario de controis contra o furtivismo, o produto que foi entregado a un centro benéfico. Nas inspeccións realizadas na ría de Muros e Noia, toda a mercadoría foi comisada por carecer de documentación e ademais o rapante era de talle ilegal.

Na Costa da Morte, na ría da Coruña e na ría de Ferrol os gardacostas tamén realizaron varios controis. 

Por outra banda, os axentes de gardacostas tamén realizaron diferentes controis por terra no eido da comercialización, en concreto, en Ourense.

Comentarios