A situación das mulleres africanas en Os Luns do Ateneo

A situación das mulleres africanas en Os Luns do Ateneo
A situación das mulleres africanas en Os Luns do Ateneo

Remei Sipi Mayo, escritora especialista en temas de xénero e nada na Guinea Ecuatorial, vai describir esta realidade na conferencia de hoxe

As mulleres das sociedades africanas, nos medios de comunicación occidentais, son presentadas, a maioría das veces, como pasivas e sometidas a un destino que non elixiron. Pero esta visión non é de todo certeira. A pesar da súa situación social discriminatoria con respecto á dos homes en ámbitos como o familiar, cultural, educativo ou político, elas loitan polo seu futuro contra as barreiras que lles poñen os seus gobernos, as súas relixións, as súas tradicións.

Remei Sipi Mayo, escritora especialista en temas de xénero e nada na Guinea Ecuatorial, coñece dende preto esta realidade, a cal vai describir na conferencia de hoxe nos Luns do Ateneo. A partir das 20.00 horas a Fundadora da Rede de Mulleres Inmigrantes en Cataluña e doutras asociacións relacionadas coa inmigración africana rachará mitos e achegará aos asistentes a súa visión persoal e profesional deste tema tan próximo e á vez tan afastado.


Comentarios