A pianista Elsa Muñiz presenta en concerto o seu primeiro traballo "Memories"

A pianista Elsa Muñiz presenta en concerto o seu primeiro traballo "Memories"
A pianista Elsa Muñiz presenta en concerto o seu primeiro traballo "Memories"

Será o martes 27 en concerto ás 20:30 horas no Paraninfo da Universidade

A pianista, compositora e alumna da USC Elsa Muñiz Hermo, presentará o martes 27 en concerto as sete pezas que integran o seu primeiro traballo discográfico Memories. O recital, de entrada libre, terá lugar ás 20:30 horas no Paraninfo da Universidade. 

As pezas que componen un álbum son Angrois, Presentimiento, Vals sentimental, Jazz inspiration, Varsovia, Cuando todo está perdido e Esperanza de papel que, tal como indica o título, pretende recoller as súas vivencias tanto musicais como emocionais. Son sete obras que a pesar de que se atopan maioritariamente dentro dun estilo clásico, a excepción de Jazz inspiration, son completamente diferentes unhas das outras, tendo cada unha un signo de identidade propio.

Comentarios