Arrinca a sétima Ruta de Tapas "Que rico estás Boqueixón"

Arrinca a sétima Ruta de Tapas "Que rico estás Boqueixón"
Arrinca a sétima Ruta de Tapas "Que rico estás Boqueixón"

Desenvolverase os días 30 de novembro, e 1, 2, 7, 8 e 9 de decembro

Os días 30 de novembro, e 1, 2, 7, 8 e 9 de decembro, O Concello de Boqueixón desenvolverase a sétima edición da Ruta de Tapas Que rico estás Boqueixón. A presentación desta cita tivo lugar esta o xoves 22 na Cervexería O Vikingo e contou coa presenza do alcalde, Manuel Fernández Munín, e do presidente do Consello Regulador das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, José Antonio Feijóo.

Na súa intervención, Fernández Munín salientou que “nesta ocasión, participan un total de seis estabelecementos hostaleiros de distintas parroquias do municipio nos que se poderán degustar ata nove pinchos diferentes, tanto doces coma salgados”. En todas estas propostas, “o público terá a oportunidade de comprobar o bo facer dos estabelecementos hostaleiros do municipio, a través da exaltación dos produtos da zona, como carnes e toda a horta de Boqueixón, que se combinarán coa incorporación entre os seus ingredientes das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia”, concluíu.

O alcalde animou á veciñanza e visitantes “a deleitar os seus padais coas propostas culinarias desta Ruta de Tapas. Contamos cun sector hostaleiro de primeira que ten a capacidade de sorprender moi gratamente coa súa creatividade ante os fogóns”, afirmou.

Pola súa banda, José Antonio Feijóo agradeceu ao Concello de Boqueixón, municipio no que se atopa a sede do Consello Regulador, “a súa colaboración no desenvolvemento desta iniciativa que axuda a poñer en valor a versatilidade dos destilados galegos con selo de calidade e orixe”.

Comentarios