Esta fin de semana estivo Ghazafelhos con "Iriña Bailarina" en Touro

Esta fin de semana estivo Ghazafelhos con "Iriña Bailarina" en Touro
Esta fin de semana estivo Ghazafelhos con "Iriña Bailarina" en Touro

Maiores e pequechos desfrutaron doutra tarde máis de teatro

A veciñanza de Touro, en especial os nenos e as nenas, desfrutaron esta fin de semana dunha aventura teatral con Iriña Bailarina de Ghazafelhos. A cita tivo lugar no salón de actos da Casa da Cultura o cal estivo completo dende antes de que dera comezo a función. 

Ghazafelhos representou a obra Iriña Bailarina que aposta pola ruptura de roles convencionais a través dunha bailarina que vive nunha caixa de música e que tolea por saír do espazo que a anoa a dar volas sen cesar para poder xogar ao futbolín ou ser pirata.

Comentarios