Medioambiente da Xunta tramitará unha revisión de oficio da Autorización Ambiental Integrada de Grixoa

Medioambiente da Xunta tramitará unha revisión de oficio da Autorización Ambiental Integrada de Grixoa
Medioambiente da Xunta tramitará unha revisión de oficio da Autorización Ambiental Integrada de Grixoa

O obxectivoé limitar e reducir a entrada actual de carga orgánica nesta instalación para resolver o problema de olores detectado nesta zona

A Autorización Ambiental Integrada (AAI) do verteoiro de residuso non perigosos da canteira de Miramontes, localizada no lugar de Grixoa (Santiago) será obxecto de revisión de oficio por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. O obxectivo será mitigar e resolver o problema de olores detectado na zona, reducindo a carga orgánica que entra nestes momentos na instalación a través dos residuos domésticos e comerciais.

O depósito de Grixoa dispón dunha AAI aprobada no ano 2008 que lle permite recibir residuos non perigosos. Cómpre lembrar que a normativa que resulta de aplicación neste caso, é dicir, a lexislación sobre vertedoiros, non prohibe nin limita a recepción de residuos de orixe doméstica ou comercial en función da súa carga orgánica. Sen embargo, tras un estudo olfatométrico, considérase que introducir unha limitación a través da revisión da autorización ambiental sería a vía máis efectiva para buscar unha solución.

A Consellería, en todo caso, abre este procedemento axustándose en todo momento á lexislación vixente e ao amparo da posibilidade que ten, como máxima autoridade ambiental da Comunidade, de iniciar a revisión de oficio da autorización de calquera instalación industrial cando existan razóns de carácter ambiental que así o precisen.

Á vista da situación, a Consellería de Medio Ambiente manterá nesta zona ese labor de vixilancia co obxectivo de poder actuar de inmediato ante calquera incumprimento detectado.

Comentarios
Lo más