Xornada sobre "Muller e discapacidade intelectual"

Xornada sobre "Muller e discapacidade intelectual"
Xornada sobre "Muller e discapacidade intelectual"

Será hoxe ás 10:00 hors no Hotel Los Abetos

As mulleres con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento enfróntanse xa de partida a unha triple discriminación debido: ao seu xénero, á súa discapacidade e a que dita discapacidade sexa intelectual.

Para visibilizar esta realidade, dende FADEMGA Plena inclusión Galicia poñemos en marcha a campaña Míranos, escóitanos, apóianos que presentarán hoxe mulleres con discapacidade intelectual a través de varios vídeos, onde amosarán a súa realidade e as súas preocupacións con respecto a temas tan importantes como o abuso e a discriminación, os problemas para acceder ao mercado laboral, a oportunidade de levar unha vida autónoma e independente e mesmo a importancia que teñen para elas as relacións de parella e a sexualidade.

Comentarios
Lo más