Os populares solicitan a comparecencia do Goberno de Noriega para informar da situación dos centros socioculturais

Os populares solicitan a comparecencia do Goberno de Noriega para informar da situación dos centros socioculturais
Foto de arquivo
Os populares solicitan a comparecencia do Goberno de Noriega para informar da situación dos centros socioculturais


María Antón cuestiona tamén o papel do Goberno local en servizos básicos e sensibles como a Axuda no Fogar, a atención ás drogodependencias ou as bolsas comedor


Por mor da problématica dos centros culturiais, o Partido Popular de Santiago solicitou onte unha comparecencia da concelleira Concha Fernández para dar conta da situación e das medidas que se van adoptar no departamento de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos.

Respecto ás axudas no fogar, a concelleira popular María Antón, fixo mención á tardanza en adxudicar o Servizo de Axuda no Fogar, á perda de horas financiadas pola Xunta por este servizo, á dubidosa legalidade do procedemento para ordenar a continuidade dunha prestación en precario á empesa que xa anunciara a súa renuncia e ao malestar das traballadores destre servizo ás que o Goberno local unicamente se ofreceu como intermediador, sen asumir a súa responsabilidade para ofrecer solucións.

Tamén se referiu a concelleira popular ás bolsas comedor como “exemplo de mal facer” que se fai patente na inadecuada baremación por valoración da renda que impediu a 24 familias acollerse a este tipo de axudas para o curso actual.

A parte central da comparecencia da concelleira foi, con todo, dirixida á xestión dos centros socioculturais lembrando a prestación sen contrato entre marzo de 2016 e xuño de 2018 “pagándolle a dedo a unha empresa case un millón de euros ao ano” como custo do servizo e as eivas na elaboración duns prego para a nova licitación pola cambio na funcionalidade dos centros.

As condicións laborais do persoal centraron boa parte da intervención de María Antón, custionando a despreocupación do Goberno local tanto no proceso de despedimento de ata sete traballadores da listaxe de subrogación obrigatoria, como nos problemas co persoal temporal que, como consecuencia do cambio nas condicións laborais, fixeron que máis de dez persoas se viran obrigadas a renunciar ao seu traballo. 

Unha das cuestións que salientou María Antón foi a diferenza nos prezos que as mesmas actividades teñen en distintos centros culturais, cuestionándose as razóns desa discriminación.

A comparecencia que se vai solicitar deberá remediar afalta de explicacións do Goberno sobre todas estas cuestións.

Comentarios
Lo más