A pista de xeo da Alameda abre este venres

A pista de xeo da Alameda abre este venres
A pista de xeo da Alameda abre este venres

Permanecerá aberta ata o 27 de xaneiro

A tradicional pista de xeo volve a estar de novo, no paseo central da Alameda. Abrirá as súas portas o venres 30 de novembro e permanecerá aberta ata o 27 de xaneiro.

De luns a venres, o horario será de 9:00 a 14:00 horas para centros escolares e de 16:30 a 22:00 horas para o público xeral. Os sábados e domingos terá horario ininterrompido de 11:00 a 22:00 horas, con sesións nocturnas de 22:00 a 2:00 horas os venres, sábado e vésperas de festivo.

O horario verase modificado durante as vacacións de Nadal, abrindo os sete días da semana de 11:00 a 22:00 horas. Os prezos mantéñense como o ano pasado, cunha entrada de 4,50 euros para escolares e de 8 euros para a entrada xeral con patíns, que dá dereito a sesións de 50 minutos. 

Comentarios
Lo más