Un incendio en dúas locomotoras deixa cortada a liña ferroviaria entre Ribadavia e Filgueira

Un incendio en dúas locomotoras deixa cortada a liña ferroviaria entre Ribadavia e Filgueira
Un incendio en dúas locomotoras deixa cortada a liña ferroviaria entre Ribadavia e Filgueira

Pasados uns minutos das 07:30 horas desta mañá, persoal de ADIF alertaba ao 112 Galicia do incendio. Indicaban que ardía unha locomotora na vía férrea pero que descoñecían si había persoas afectadas

Os servizos de extinción traballan nestes intres na extinción dun incendio que se propagou en dúas locomotoras, no punto quilométrico 74.350 da vía férrea, entre Ribadavia e Filgueira.

Afortunadamente, non hai que lamentar danos persoais, posto que as locomotoras estaban baleiras no momento que se iniciou o lume. A esta hora, os Bombeiros do Carballiño comunicaron ao 112 Galicia que o lume está practicamente extinguido.

Pasados uns minutos das 07:30 horas desta mañá, persoal de ADIF alertaba ao 112 Galicia do incendio. Indicaban que ardía unha locomotora na vía férrea pero que descoñecían si había persoas afectadas. Así, nada mais recibir o aviso, os xestores do 112 puxeron en alerta ao 061-Urxencias Sanitarias, Bombeiros do Carballiño e ao GES de Ribadavia, que decontado se desprazaron ao punto. Ademais, informouse da situación á Garda Civil.

Unha vez no punto, persoal de seguridade de Adif confirmaba que se trataba dun incendio en dúas locomotoras independentes. Foi preciso o corte da electricidade na vía para proceder coas tarefas de extinción.

Comentarios