Nunha igrexa en A Escravitude entran a roubar, noutra en Rois inténtano

Nunha igrexa en A Escravitude entran a roubar, noutra en Rois inténtano

A semana pasada fo a de Santa María de Cruces en A Escravitude, esta fin de semana foi a de San Vicente de Aguasantas en Rois

A semana pasada entraron na igrexia parroquial de Santa María de Cruces en A Escravitude (Padrón) o cal se atopa totalmente valeiro porque non se celebran alí as homilías senon no santuario. A pasada fin de semana, intentárono na igrexa parroquial de San Vicente de Aguasantas en Rois e foi a segunda vez nun mes.

Sen chegar a entrar, forzaron as pechaduras da fachada e do lateral. Aureliano Alcalá, cura párroco de Aguasantas afirmou que "son máis costosos os danos que o que o poidan roubar" porque nas igrexas non hai cartos. Ainda que sen chegar a abrir a porta principal, tiveron que facer moita forza cunha palanca porque, según indica o párroco, dobraron a tranca interior que é de ferro. Tamén intentaron quitar a madeira da porta, sen éxito.

Trátase da sétima vez que intentan roubar na parroquia de Aguasantas dende que está Aureliano Alcalá, pero como indica, non hai orzamento para instalar unha alarma.

Comentarios