Hoxe impártese o último obradoiro do segundo semestre de "Vives Emprende Ames"

Hoxe impártese o último obradoiro do segundo semestre de "Vives Emprende Ames"
Hoxe impártese o último obradoiro do segundo semestre de "Vives Emprende Ames"

A iniciativa tiña como obxectivo asesorar, formar e facilitar o acceso a financiamento a persoas desempregadas ou con emprego precario que desexen emprender, especialmente a mulleres

Ponse en marcha do programa Vives Emprende onde o Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, e a organización Acción contra a Fame, colaboran. Este programa corresponden ao segundo semestre deste ano, que asesora, forma e facilita o acceso a financiamento a persoas desempregadas ou con emprego precario que desexen emprender, especialmente a mulleres. Esta semana impártense os dous últimos obradoiros do semestre, que xirarán en torno á realización do plan de empresa e á presentación eficaz do proxecto. As asesorías individuais seguiran realizándose por parte do persoal de Acción contra a Fame.

O programa Vives Emprende Ames é unha iniciativa gratuíta que ofrece asesoramento, formación e acceso a financiamento para facer realidade as ideas de negocio de persoas desempregadas ou con emprego precario de Ames, que desexen emprender como opción para mellorar a súa situación laboral de forma estable e duradeira.

Onte tivo lugar un dos últimos obradoiros do segundo semestre de 2018,  centrado na creación dun plan de empresa adaptado á solicitude de subvencións e financiamento. Hoxe traballarase a presentación do proxecto, dirixido a subliñar os puntos fortes do mesmo para namorar aos presentes.

Estes talleres teórico/prácticos son impartidos nas instalacións do Centro multiusos de Aldea Nova, en horario de 09:30 a 13:30 horas. A técnica de emprendemento de Acción contra a Fame, Itziar Villar, é a encargada de coordinar ditos talleres e de impartir as asesorías individuais.

Comentarios
Lo más