X aniversario de Terras de Compostela

X aniversario de Terras de Compostela
X aniversario de Terras de Compostela

O ámbito de actuación abarca dez concellos, un de eles, Ames

O pasado venres, 23 de novembro tivo lugar o acto de celebración do décimo aniversario da Asociación Terras de Compostela que se desenvolveu no Hostal dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela. Neste acto, a concelleira de Promoción Económica, Isabel González, acompañada de técnicos municipais, puidéronse degustar diferentes pratos dos concellos que forman parte deste Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR).

O actual presidente da Asociación Terras de Compostela, Carlos Martínez Carrillo, alcalde do Concello de Vedra levou a cabo a apertura do acto, na que tamén o subdirector de Relacións cos Grupos de Desenvolvemento Rural de Agader, Javier Blanco Carballal, e mailo socio fundador do GDR e primeiro presidente da Asociación, José Severino Montes Pérez, ao que se lle entregou unha placa en recoñecemento ao seu labor como primeiro presidente e un dos socios fundadores.

De seguido, realizouse o relatorio Desenvolvemento dos espazos rurais: reflexións e algunhas orientacións, a cargo de Juan Ignacio Praza Gutiérrez, catedrático de análise xeográfico rexional da Universidade de Salamanca. O acto foi clausurado por Miguel Ángel Pérez Dubois, director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

Por último, puidéronse degustar diferentes pratos dos concellos que forman parte deste Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR). Por parte do Concello de Ames ofreceuse leite frito, feita con leite ecolóxico do gandeiro da parroquia de Piñeiro, Ramón Senra.

Comentarios