Mulleres con discapacidade intelectual reclaman os seus dereitos

Mulleres con discapacidade intelectual reclaman os seus dereitos
Mulleres con discapacidade intelectual reclaman os seus dereitos

Foi na xornada Míranos, escóitanos, apóianos que se inaugurou onte

Onte inaugurouse a xornada Míranos, escóitanos, apóianos da man da Valedora do Pobo, Milagros Otero Parga, e a vicepresidenta de FADEMGA Plena inclusión Galicia, Carmela González Lagarón. Trátase un espazo dedicado a falar e pensar sobre a muller con discapacidade intelectual e o seu papel na sociedade, no mercado laboral, na educación e mesmo na familia.


“A necesidade de xornadas como esta. As mulleres con discapacidade intelectual tedes que ser valentes e estar orgullosas de ser tal e como sodes. Quero pedirvos dende aquí, que traballedes polo que queredes e que vos atrevades a soñar e a chegar todo o lonxe que poidades. Aos homes, pedirvos, respecto, compañerismo, afecto… non se trata de protexer, trátase e comprender e de remar todos xuntos nunha mesma dirección” destacou a Valedora do Pobo destacou. Otero tamén criticou o tratamento que se fai da discapacidade por parte da sociedade pois “ás veces se fala de discapacidade, pero a miúdo, a discapacitada é a sociedade: porque non ten capacidade de escoitar, de entender, de abrazar,… non ten as capacidades que moitas das persoas que logo chaman “discapacitadas” en cambio regalan cada día”.


Pola súa parte, Camela González quixo facer fincapé na necesidade de que “os axentes políticos, coñezan a vosa realidade, pois son eles quenes teñen a responsabilidade de evitar as desigualdades e a exclusión social. A pesar dos logros e avances obtidos nos últimos anos, este tipo de discriminación segue representando un problema grave e alarmante. Exemplo diso é que as mulleres con discapacidade intelectual, presentan cotas maiores de desemprego, salarios inferiores, escaso ou nulo acceso aos programas e servizos dirixidos a mulleres, maior risco de padecer situacións de violencia e abusos... e un longo etcétera que non podemos seguir tolerando.”


A xornada tamén acolleu a presentación da campaña cunha unha serie de videos protagonizados por mulleres con discapacidade intelectual membros da Asociación Juan XXIII epor usuarias do Servizo de Emprego da federación, que abordan diferentes situacións de abuso, maltrato, discriminación e perda de dereitos.

Comentarios