O Mercado da Estrela volve na súa sétima edición o 14, 15 e 16 de decembro

O Mercado da Estrela volve na súa sétima edición o 14, 15 e 16 de decembro
O Mercado da Estrela volve na súa sétima edición o 14, 15 e 16 de decembro

Un centenar de orixinais proxectos exporán e venderán as súas pezas e produtos nas cinco localizacións

O Mercado da Estrela está coorganizado polo Concello de Santiago e Correveydile e recibe o apoio de diversos sectores de iniciativa privada. Neste evento, que chega á súa sétima edición, un centenar de orixinais proxectos exporán e venderán as súas pezas e produtos nas cinco localizacións que acollerán á iniciativa os vindeiros 14, 15 e 16 de decembro e que continuará fiel ao seu lema Agasalla talento galego.

O Mercado da Estrela volverá así a converterse en faro da creatividade e das novas tendencias, dando luz ao traballo dun centenar de persoas creadoras, artesáns, artistas, produtoras e emprendedoras de Galicia que achegarán as súas coleccións co obxectivo de que se convertan nos agasallos escollidos polos Reis Magos este Nadal.

A entrada será gratuíta para os visitantes que se acheguen ao festival buscando gozar dunha fin de semana de compras, brindes, reencontros e moita música. O horario do Mercado da Estrela será de 19:00 horas en adiante o venres 14 de decembro con música e gastronomía na Cantina Gourmet e na Zona Foodtruck, e de 11:00 horas ata a madrugada o resto da fin de semana. Na Feira Creativa, os horarios de apertura serán de 11:00  horas a 21:00 horas o sábado 15 e o domingo 16.

Complementarán o atractivo programa para 2018 diversas actividades en prol da sustentabilidade, unha zona solidaria e múltiples actividades e sorpresas de balde para públicos de todas as idades. 

Comentarios
Lo más