Un total de 36 entidades profesionais e sen ánimo de lucro benefícianse da convocatoria aberta de axudas culturais

Un total de 36 entidades profesionais e sen ánimo de lucro benefícianse da convocatoria aberta de axudas culturais
Un total de 36 entidades profesionais e sen ánimo de lucro benefícianse da convocatoria aberta de axudas culturais

A convocatoria realizouse en dúas modalidades: persoas e entidades profesionais do sector cultural e entidades sen ánimo de lucro

En total, repartíronse 150.000 euros, explica a concelleira de Acción Cultural, cifra que triplica á anterior convocatoria en 2016 e que está moito por riba das últimas axudas deste tipo, convocadas en 2008 e nas que se repartiran 40.000 euros". A edil salientou a aposta pola concorrencia competitiva no reparto de axudas ás entidades culturais apuntando que "no que levamos de mandato as axudas nominativas no sector da cultura reducíronse de 20 a 9".

Novoneyra explicou que a convocatoria realizouse en dúas modalidades: persoas e entidades profesionais do sector cultural e entidades sen ánimo de lucro.

No caso das axudas dirixidas a persoas e entidades profesionais do sector cultural, a dotación total da convocatoria era de 100.000 euros. Cada solicitante podía recibir un máximo de 15.000 euros e ata o 80% do custo da actividade subvencionable. Finalmente, o orzamento distribuíuse entre 14 persoas e entidades, de diferentes disciplinas. 

En canto ás axudas para asociacións e entidades sen ánimo de lucro, serán 22 as beneficiadas, que recibirán unha contía total de 50.000 euros. Neste caso, o importe máximo para cada proxecto podía chegar aos 5.000 euros e supor ata o 80% do orzamento da actividade. 

Para a concelleira de Acción Cultural, "estas axudas son a aposta máis importante do departamento para mudar a política cultural e, se conseguimos manter a convocatoria no tempo, mudaremos a paisaxe cultural de Santiago".

Comentarios
Lo más