Choque de tres vehículos na tarde onte en Arteixo

Choque de tres vehículos na tarde onte en Arteixo
Choque de tres vehículos na tarde onte en Arteixo

O alertante que chamou ao 112 para pedir axuda, aseguraba que non había persoas atrapadas

Cinco minutos antes, ás 18:55 horas, o CIAE era informado dun accidente en Arteixo, na DP-0512. Neste caso, tratouse dun choque entre tres vehículos e tres persoas resultaron feridas.

O alertante que chamou ao 112 para pedir axuda, aseguraba que non había persoas atrapadas. Sen embargo, un dos ocupantes dun dos vehículos non podía abrir a porta. Por iso, ademais de solicitar a intervención dos servizos sanitarios, o 112 Galicia alertou aos Bombeiros de Arteixo. Do mesmo xeito, pasouse aviso aos axentes de Tráfico, Policía Local e aos efectivos de Protección Civil.

Unha vez no punto, os Bombeiros comunicaron ao 112 que non foi preciso o uso de material de excarceración, os efectivos de Protección Civil conseguiran liberar á persoa.

Aínda que non parecían revestir gravidade, si se confirmou ao 112 Galicia, o traslado de tres persoas ao centro hospitalario de referencia.

Comentarios
Lo más