A plataforma de afectados polo vertedoiro de Miramontes en contra da revisión da autorización integrada

A plataforma de afectados polo vertedoiro de Miramontes en contra da revisión da autorización integrada
A plataforma de afectados polo vertedoiro de Miramontes en contra da revisión da autorización integrada

Lémbralle a Medio Ambiente que o proxecto contrstuctivo sí limita a entrada de materia orgánica

Tras as novas da revisión da Autorización Integrada do vertedoiro de Miramontes por parte de Medio Ambiente, dende a Plataforma lémbranlle á Consellería de Medio Ambiente que, aínda que a lei non prohibe a entrada de materiais orgánicos nun vertedoiro de residuos non perigosos, o proxecto construtivo deste vertedoiro sí limita a entrada de materia orgánica a un 10%.

Todo o proxecto construtivo, e especialmente as medidas de seguridade vinculadas ao vertedoiro, están deseñadas en base a devandita limitación de entrada de materia orgánica. Ao non estarse a cumprir esta limitación, os perigos asociados aumentan, puidendo converterse nun futuro próximo nun novo desastre medioambiental para Galicia.

A Plataforma cuestiona o rigor e responsabilidade por parte da administración ao permitir, sendo coñecedora do exceso, a entrada de tales cantidades de materia orgánica ao longo dos anos no vertedoiro de Miramontes. Sobre todo, tendo en conta que a restrición que se pretende impoñer non solventa o problema da acumulación de materia orgánica que xa se atopa dentro do vertedoiro e que, se presupón, supera amplamente os límites do proxecto.

Dende a Plataforma consideran esta modificación como unha actuación mínima e insuficiente que non dá resposta á magnitude global do problema que os veciños e veciñas da contorna de Miramontes padece a diario, hoxe e no futuro. Solicitan medidas efectivas, contundentes, responsables e duradeiras, que aporten solucións reais e garantan o futuro de todos e todas.

Comentarios