Ribeira abre a oportunidade ás asociacións locais para participar nun Mercado Solidario de Nadal

Ribeira abre a oportunidade ás asociacións locais para participar nun Mercado Solidario de Nadal
Foto de arquivo
Ribeira abre a oportunidade ás asociacións locais para participar nun Mercado Solidario de Nadal

O mercado estará composto por nove caseta de madeira

A Concellería de Cultura de Ribeira quere dar participación aos colectivos do municipio e abre a oportunidade a que as asociacións locais interesadas poidan ocupar as novecasetas de madeira do Mercado Solidario de Nadal.

O mercado tería lugar entre o 21 de decembro e o 5 de xaneiro, ambos inclusive, en horarios de 18:00 horas a 21:00 horas excepto os días 24 e 31, onde rematará ás 20:00 horas. Os días 25, 30 e 1 de xaneiro as casetas estarán pechadas.

A iniciativa está aberta a todo tipo de asociacións (culturais, deportivas, sociais, de persoas maiores, de nais e pais, etc…). Poderán vender produtos relacionados co Nadal (artesanía, agasallos, lotaría navideña, etc…) e o recadado irá en beneficio das propias entidades.

Cunhas dimensións de 3x2 metros, as casetas estarán decoradas con neve artificial e guirnaldas luminosas e contarán con moqueta vermello no exterior cubrindo os tres medios frontais. O prazo para confirmar participación expira o 14 de decembro ás 14:00 horas. As inscricións (gratuítas) poden realizarse chamando ao 686 587 000 ou enviando un email a sanroqueturismo@gmail.com.

Comentarios
Lo más