Onte tivo lugar unha "action painting" na casa do concello de Ribeira

Onte tivo lugar unha "action painting" na casa do concello de Ribeira
Onte tivo lugar unha "action painting" na casa do concello de Ribeira

O protagonista foi o pintor de Aguiño, Manuel Ayaso

O pintor Manuel Ayaso, natural de Aguiño, realizou unha action painting diante de trinta estudantes de 1º de ESO do colexio Galaxia e de todo o público que había nese momento na casa do concello, xa que dende este luns exhíbese unha exposición sobre Joan Miró con litografías procedentes dos fondos do Museo do Gravado de Artes.

Ayaso recreou dúas creacións do artista catalán ante a atenta mirada dos alumnos, que viñeron acompañados do seu profesor de artes plásticas, Fernando Yáñez. Tras culminar a action painting entre aplausos dos espectadores, a cita continuou cunha visita guiada polas máis de cincuenta gravados que penden das paredes do Consistorio nas súas dúas primeiras plantas.

A responsable de Normalización Lingüística Alicia Parín explicou o contido da mostra, que se divide en dúas series: unha centrada en carteis alusivos a diferentes actividades socioculturais, dos que sobresae o do Mundial de España de 1982, e outra na que o xenio barcelonés colaborou co Nobel de Literatura Claude Simon ilustrando a súa obra Femmes.

A mostra permanecerá na Casa do Concello ata o 12 de xaneiro e pode ser visitada de luns a venres de 08:00 horas a 15:00 horas. Haberá visitas guiadas cada mércores ás 12:00 horas.

Comentarios