Xornada "Redes sociais e marketing dixital para emprendedoras e empresarias" hoxe no Polígono de Costa Vella

Está organizada pola Cámara de Comercio de Santiago de Compostela

Hoxe ten lugar unha xornada gratuíta dirixida a mulleres emprendedoras e empresarias organizada pola Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e que está enmarca no Programa de Apoyo Empresarial a las Mujeres (PAEM), que desenvolve a Cámara compostelá co cofinanciamento do Fondo Social Europeo (FSE), o Instituto de la Mujer y para la Igualdad de Oportunidades e a Cámara de Comercio de España.

A xornada, Redes sociais e marketing dixital para emprendedoras e empresarias, que permitirá ás participantes descubrir ferramentas básicas para elaborar un plan de marketing actual e eficiente que contribúa a enriquecer o seu plan de negocio, celebrarase  no viveiro de empresas de Costa Vella entre as 10:00 horas e as 14:00 horas e será impartida polo formador de marketing online Javier Rocamora.

Comentarios