Jean Pierre-Sauvage, ​Premio Nobel de Química en 2016, dará hoxe unha conferencia

Jean Pierre-Sauvage, ​Premio Nobel de Química en 2016, dará hoxe unha conferencia
Jean Pierre-Sauvage, ​Premio Nobel de Química en 2016, dará hoxe unha conferencia

A conferencia versará sobre máquinas moleculares en bioloxía e en química

Jean Pierre-Sauvage, Premio Nobel de Química en 2016, pronunciará hoxé unha conferencia sobre máquinas moleculares en bioloxía e en química. Este traballo foi polo que conseguiu o premio da Academia xunto con Sir J. Fraser Stoddart e Ben Feringa, unha investigación que abriu o camiño para a revolución nanotecnolóxica. O relatorio, de entrada libre e con tradución simultánea, será ás 20:00 horas no Auditorio ABANCA.

O acto está dentro das actividades do Programa ConCiencia da USC e o Consorcio de Santiago de Compostela, e conta coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología - Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades. 

Savage, un dos pioneiros da química supramolecular, publicou en 1983 a primeira síntese eficiente das moléculas cíclicas entrelazadas denominadas "catenanos". Estas moléculas foron a base dunha das primeiras máquinas moleculares nas que o movemento dos aneis de catenano foi controlado a través de medios electroquímicos e fotoquímicos. Seguindo enfoques similares, o seu grupo produciu en 2000 unha estrutura de rotaxano que pode estenderse e contraerse como un filamento muscular.

A súa outra investigación inclúe a modelización do centro de reacción fotosintético e a redución do CO2 por medios electroquímicos. O Premio Nobel tivo onte un encontro cos medios de comunicación no que estivo acompañado do catedrático de Electromagnetismo e coordinador de ConCiencia, Jorge Mira, e do catedrático de Química Orgánica José Luis Mascareñas, ambos os dous da USC. Este último salientou do científico francés o seu traballo pioneiro no descubrimento de maneira artificial de máquinas moleculares “cando todo o noso corpo, a nosa natureza, está cheo delas”. A súa investigación é en si mesma, dixo, “unha revolución polas moitísimas aplicacións que van poder ter”.

Comentarios
Lo más