A mostra "Con mans de muller" reivindica o territorio rural como un ámbito para a innovación

A mostra "Con mans de muller" reivindica o territorio rural como un ámbito para a innovación
A mostra "Con mans de muller" reivindica o territorio rural como un ámbito para a innovación

Poderá visitarse no Claustro Alto de Fonseca de luns a venres de 09:00 horas a 21:00 horas

25 imaxes coas historias de vida de mulleres do rural galego conforman a exposición Con mans de muller, coa que a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia (Fademur) reivindica o territorio rural como un ámbito para a innovación a partir da historia real de mulleres galegas.


A mostra, que poderá visitarse no Claustro Alto de Fonseca de luns a venres de 09:00 horas a 21:00 horas, dá conta de traballos cotiáns elaborados en primeira persoa por mulleres diversas en idades e procedencias que evocan o saber popular e a tradición pero que tamén contribúen á modernidade, ao sustento de Galicia tanto a nivel económico como medioambiental e social.


Como explicou na apertura esta mañá a presidenta de Fademur, Rosa Arcos, coa montaxe tratan de espallar a mensaxe de que as mulleres rurais están tamén implicadas na modernización e valorización da contorna. “O futuro do rural non se pode construír, non se pode entender sen a nosa contribución pasada e presente”, asegurou.


Con mans de muller quere tamén resaltar a importancia do ámbito rural no cultural e viceversa, para así reducir o déficit no acceso ás actividades culturais entre o medio rural e o medio urbano.

Comentarios
Lo más