Iníciase un plan de cardioprotección do Concello de Ames

Iníciase un plan de cardioprotección do Concello de Ames
Iníciase un plan de cardioprotección do Concello de Ames

Instaláronse catro desfibriladores intelixentes de última xeración para garantir e axilizar o proceso de asistencia ante unha parada cardíaca 

Ames iniciou un plan de cardioprotección coa instalación de 4 desfibriladores que se sumarán ao existente e que tiña Protección Civil. Os dispositivos están situados en instalacións deportivas, como o campo de fútbol do Milladoiro e de Bertamiráns, e no pavillón e Casa de Cultura do Milladoiro, e o cuarto estará a disposición da Policía Local, para poder acudir ante unha parada cardíaca de forma móbil. Coa instalación do desfibrilador DOC, o proceso de atención ante unha parada cardíaca axilízase, xa que o propio desfibrilador incorpora un dispositivo conectado 24 horas con telecontrol, tee- asistencia, chamada preferente ao 112 e xeolocalización.

Jose Miñones, alcalde de Ames, indicou “faise realidade este proxecto que quixemos poñer en marcha o ano pasado. Ames contará non só cos dispositivos, senón coa formación e cobertura de última xeración. Seguimos apostando por un Concello saudable que aposte polo deporte e os hábitos saudables”. Todo este proxecto levouse a cabo coa empresa B+ Safe, líder en cardioprotección de espazos en España que ademais, incluíu a formación en RCP/SVB (Resucitación Cardiopulmonar/Soporte Vital Básico) e uso do DESA (desfibrilador semiautomático).

Nesta iniciativa, o Concello de Ames, colócase tamén na vangarda tecnolóxica que lle converte nun dos poucos municipios que conta cun servizo integral de cardioprotección intelixente. “O sistema monitoriza o equipo, asegurando o seu correcto funcionamento no caso de que sexa necesario, ademais de ofrecer un servizo de teleasistencia que guía ao usuario na maneira de proceder se se produce un accidente cardíaco. “Saber como realizar unha RCP e contar cun desfibrilador pode ser a diferenza entre a vida e a morte”, explica Javier Maeztu, director de relacións institucionais de B+ Safe.

Comentarios