O Campionato Galego de Grappling disputarase en Rianxo

O Campionato Galego de Grappling disputarase en Rianxo
O Campionato Galego de Grappling disputarase en Rianxo

A cita terá lugar o 15 de decembro no Pavillón Municipal

No Salón de Plenos do Concello de Rianxo tivo lugar a presentación do Campionato Galego de Grappling e MMA que se disputará o 15 de decembro no Pavillón Municipal, coa organización da Federación Galega de Loita e o Club Artes Marciais e Deporte de Combate Rianxo .

Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo, mostrouse encantado de que o pobo acolla un evento destas modalidades deportivas, pois suporá unha grande promoción para o traballo que está a desenvolver o club no ámbito da formación deportiva nesta modalidade deportiva de loita. 

Pablo Pintos, director técnico da Federación Galega de Loita, debullou os aspectos mais técnicos da competición, que se iniciará pola mañá cos participantes mais pequenos na liga de deporte base. A continuación disputarase o Campionato Galego Absoluto de Grappling, clasificatorio para o Campionato de España 2019. Xa pola tarde, a competición será de MMA, tamén Campionato Galego Absoluto valedeiro para o Cto. de España 2019.

Comentarios
Lo más