Bascuas propón "un carril verde" na avenida de Castelao

Bascuas propón "un carril verde" na avenida de Castelao
Foto de arquivo
Bascuas propón "un carril verde" na avenida de Castelao

Propoñen a colocación de dous semáforos na avenida de Castelao, cunha sincronización temporal

Xoán Bascuas, candidato de Compromiso por Galicia, propón a creación dun "carril verde" para poñer remedio aos accidentes de tráfico e atropelos que se están a producir na avenida de Castelao que o convirten nun punto negro dentro da cidade. 

Propoñen a colocación de dous semáforos na avenida de Castelao, cunha sincronización temporal que permita "un carril verde", sobre todo en sentido ascendente, a unha velocidade de 30 km por hora. Deste xeito cando un vehículo arranque no primeiro semáforo poderá circular por toda a avenida sin atopar outro en vermello sempre que faga o seu percorrido a non máis de 30km hora facilitando a convivencia entre peóns e vehículos. 

Prevendo a inminente apertura da variante de Aradas que diminuirá en grande medida o nivel de tráfico existente, a proposta da formación galeguista non é temporal xa que, ao valorar en conxunto ambas posibilidades, seguen a ver necesaria a posta en marcha dun carril verde.

Comentarios
Lo más