Os populares denuncian a falta de transparencia do Concello sobre os traballadores dos centros culturais

Os populares denuncian a falta de transparencia do Concello sobre os traballadores dos centros culturais
Foto de arquivo
Os populares denuncian a falta de transparencia do Concello sobre os traballadores dos centros culturais

Ante a desinformación, os populares realizaron por escrito unha batería de preguntas en relación á situación laboral

Ante a desinformación e falta de transparencia por parte da concelleira, Concha Fernandez, e do seu departamento, en relación cos centros cívicos, os populares realizaron por escrito unha batería de preguntas en relación á situación laboral destes traballadores solicitando información sobre o número de persoal existente e funcións que leva a cabo nestes centros.

O PP denuncia que a listaxe de traballadores de nova incorporación a este servizo e ou seu horario e salario é totalmente descoñecido, sendo esta unha información que debería ser accesible, polo que piden ser informados; ademais de requerir un listado no que figuren os empregados de carácter autónomo que presten servizo para Ferrovial, en relación ás tarefas que esta empresa presta nos Centros Cívicos.

Así mesmo, o grupo municipal Popular tamén lle reclama ao Goberno de Martiño Noriega a relación dos Centros que está a xestionar a actual concesionaria, incluíndo horario de apertura dos mesmos como a listaxe coa relación do persoal que estaba a traballar no servizo de Centros Cívicos coa empresa Arasti Barca, antes da posta en funcionamento do novo contrato coa empresa Ferrovial e no que conste a súa categoría e salario.

Por último os populares tamén solicita información ao Goberno local sobre as diferenzas de prezos para as actividades en función do centro.

Comentarios
Lo más