A Cámara de Comercio celebrou onte a xornada "Redes sociais e marketing dixital para emprendedoras e empresarias"

A Cámara de Comercio celebrou onte a xornada "Redes sociais e marketing dixital para emprendedoras e empresarias"
A Cámara de Comercio celebrou onte a xornada "Redes sociais e marketing dixital para emprendedoras e empresarias"

Contou coa participación de 40 mulleres

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela celebrou onte unha xornada gratuíta dirixida a mulleres emprendedoras e empresarias no viveiro de empresas de Costa Vella.  A xornada, titulada Redes sociais e marketing dixital para emprendedoras e empresarias, contou coa participación de 40 mulleres. 

O formador de marketing online Javier Rocamora foi o responsable de impartir a sesión, explicando a importancia de ter unha estratexia definida en redes sociais, o proceso de elaboración dun plan de marketing dixital, o uso profesional e a xestión de contidos nos social media, as claves do posicionamento SEO ou a función da publicidade online. Para conseguir unha boa imaxe en redes sociais, Rocamora sinala que as emprendedoras e empresarias deben ter en conta multitude de factores segundo o perfil da audiencia á que se queiran dirixir, ademais de ter claro en que redes sociais lles interesa estar, que tipo de mensaxes queren publicar e de que recursos dispoñen.

Ademais, o experto explicou que para conseguir un bo plan de marketing dixital, as emprendedoras deben ter unha estratexia clara para saber a quen se quere chegar e que se quere dicir para planificar axeitadamente onde van saír os contidos e de que forma se van a publicar, sempre analizando os recursos destinados a esta actividade e sendo conscientes de que non se van a obter resultados inmediatamente.

As redes sociais de empresas requiren unha xestión profesional. Nesta liña, Rocamora indicou que as redes sociais deben administrarse como un recurso de comunicación bidireccional. “Nas redes non só se fala, tamén se escoita tanto aos posibles clientes como aos competidores. Unha pequena empresa pode espertar moita máis simpatía que unha grande se o fai ben” –aclarou–.

Comentarios